Crónica fotográfica do Roteiro literario polo barrio de Monte Alto, con Bea Lema

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro literario polo barrio de Monte Alto, con Bea Lema, celebrado o pasado 25 de novembro. A crónica fotográfica completa (obra de Diana Varela Puñal) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

A Coruña: Roteiro literario polo barrio de Monte Alto, con Bea Lema, o 25 de novembro

O Roteiro literario polo barrio de Monte Alto, guiado por Bea Lema é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

Terá lugar o sábado 25 de novembro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña, tendo como punto de saída a Igrexa de San Xosé, en Monte Alto.
Agradecemos que as persoas interesadas se inscriban previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Compostela: Xornada A Cultura é un dereito. Feminismos e creación contemporánea na Galiza

Unha obra autobiográfica de Oliver Añón gaña o Castelao de banda deseñada

Desde Sermos Galiza:
“De título lírico e liña clara, “graficamente impecable”, e trazo autobiográfico. Así é Canción para afundir flores no mar, a obra gañadora da décimo terceira edición do premio Castelao de banda deseñada, da autoría de Oliver Añón (Barcelona, 1982).
“Destaca a capacidade do autor de aproveitar as posibilidades do medio a través da narración visual”, sinala a nota remitida pola Deputación da Coruña, convocante do galardón. Añón, ilustrador e animador, construíu “unha trama principal na que se entrelazan pequena historias con personaxes particulares que deixan ver un relato con presenza autobiográfica”.
O autor valeuse dun lapis electrónico sobre pantalla para realizar Canción para afundir flores no mar. “O acabado semella o resultado do uso de tinta china”, sinala o ente provincial, que reuniu no xurado “profesionais da banda deseñada” como María del Carmen Moreu Bibian, José Mato Fondo, Sara Prieto Puy, Héctor Real Arregui e Beatriz Lema -gañadora da pasada edición- e mais a vicepresidenta da institución Goretti Sanmartín de presidenta e a xefa do servizo de Cultura, Mercedes Fernández-Albalat..
Canción para afundir flores será a primeira obra en formato libro de Oliver Añón. Nado en Barcelona nunha familia emigrada, só cun ano de idade regresou á Coruña. Despois de se formar en Galiza, traballou en Catalunya para produtoras de animación e diversas axencias de publicidade e e televisión. En 2015 volveu á Coruña, onde reside e traballa como freelance.
O premio Castelao está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra.”

A Coruña: actividades destacadas na Feira do Libro 2018 para o 4 e 5 de agosto

O 4 e 5 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:

Sábado 4
18:00 h. Estefanía Padullés presenta Max e Lea. Obradoiro para debuxar un dinosaurio.
18:00 h. Bea Lema asina exemplares de O corpo de Cristo, XII Premio Castelao de Banda Deseñada, publicado pola Deputación da Coruña. Na caseta da Libraría Berbiriana.
19:00 h. Marcelino Fernández Mallo asina O bolseiro de Ingatex, na caseta de Lume.
19:00 h. Xoán Babarro asina O baúl de Domingo Quintas na caseta de Hércules Edicións.
19:00 h. Presentación de Mael. Máis alá da Fraga de Cornanda, de Uxía Meirama e Miguelanxo Prado, publicado por El Patito Editorial.
19:45 h. Presentación de O que sei do silencio, de Andrea Maceiras, publicado por Xerais, en conversa con Manuel Bragado (na carpa de infantil).
20:00 h. Sinatura de Yolanda Castaño na Libraría Azeta.

Domingo 5
13:00 h. Presentación de Patacas e máis patacas. O misterio da Casa Grande, de María Acosta.
19:00 h. Héctor Cajaraville asina Nova Nursia, na caseta de Lume.
19:00 h. Presentación do libro Lingua de Eva e Adán. Sobre poesía e poetas, de Xavier Seoane, publicado por Espiral Maior. Participan Eva Veiga, Xavier Seoane e Miguel Anxo Fernán-Vello.
19:30 h. Paco Nogueiras asina Radio Bule Bule e Brinca vai!, na caseta da Libraría Cartabón.
19:45 h. Negro sobre negro. Conversa de Diego Ameixeiras, autor de A crueldade de abril, publicado por Xerais, e Nieves Abarca, autora de El beso de Tosca.
20:00 h. Xurxo Souto asina na caseta de Lume.
20:30 h. Presentación dos novos títulos da colección Mulleres Bravas da nosa historia, con María Reimóndez, Eli Ríos, Andrea Jamardo e Andrea Barreira.

Bea Lema, a primeira muller que acada o premio Banda Deseñada Castelao

Desde Sermos Galiza (foto de Andrea Rodríguez):
“Un xurado composto por especialistas en banda deseñada decidiu que Bea Lema se convirta na primeira muller gañadora do Premio Castelao da Deputación da Coruña, o único do xénero no panorama cultural galego ao que se presentaron dezaseis orixinais, o maior número da súa historia.
O xurado estivo presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e formaban parte del Emilio Fonseca, gañador da anterior edición pola obra Fóra de marxe, e os autores Xosé Tomás, Natacha Busto e Pablo Auladell, que decidiron a obra gañadora da nova edición do único certame de banda deseñada do panorama galego. O premio está dotado con 6.500 euros máis a publicación da obra pola Deputación da Coruña. O xurado decidiu deixar deserta a convocatoria destinada a público infantil.
O xurado valorou a “intensidade dramática sen caer no sentimentalismo” da obra de Bea Lema ademais da “sensibilidade para contar patoloxías mentais desde o punto de vista infantil”. A resolución do premio recoñece tamén o valor de O corpo de Cristo á hora de “mostrar a resilencia dunha nena fronte aos problemas adultos” e, en canto o traballo gráfico da obra destaca que a autora prima unha “liña elegante e delicada que transmite atmosferas emocionais moi complexas, apoiándose en metáforas visuais moi intensas e potentes”.
Formada como deseñadora de produto pola Universidade da Coruña, Bea Lema (A Coruña, 1985) comeza a súa traxectoria profesional en 2010 traballando para a firma de cerámica Sargadelos. En 2013 crea, xunto a Xoan Torres, o proxecto Lelédacuca onde realizan obxectos que mesturan o deseño contemporáneo coa artesanía tradicional. (…)”