“O
xoves 11 de outubro no Faro da Cultura do Faro de Vigo atopamos unha entrevista de Lourdes Varela á escritora Fina Casalderrey arredor do seu libro Dúas letras, que inclúe o DVD coa película do mesmo título. Podes lela aquí.” Desde Galaxia.
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Pontevedra: coloquio con Víctor F. Freixanes sobre Cabalo de ouros
O
xoves 11 de outubro, ás 20:00 horas, na Asociación de Veciños San Roque (Travesía Irmáns Pazó Montes, 2) de Pontevedra, Víctor F. Freixanes falará da súa última novela, Cabalo de ouros, publicada en Galaxia.
Andrés Torres Queiruga: “O Deus no que creo non busca o noso sacrificio, senón a nosa felicidade”
Entrevista
a Andrés Torres Queiruga en La Voz de Galicia, desde Galaxia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Alguén así é o Deus en quen eu creo, ¿alguén como?
– Andrés Torres Queiruga (ATQ): O título ocorréuseme precisamente unha noite, nese proceso despois da nota dos bispos, pensando como podo dicir eu, como o podo expresar, cal é a miña visión de Deus.
– LVG: ¿E cal é esa visión de Deus?
– ATQ: Primeiro Deus como alegría, como salvación. Ese foi o meu descubrimento de Deus e a miña liberación do medo que, como a tantos, me meteron del cando era un neno. Despois destaco dúas metáforas, unha de Schelling, que di «Deus est res cunctas», un disparate en latín, porque debería dicir «Deus est res cunctae». Intenta suxerir, rompendo a sintaxe, que, creándonos por amor, fainos ser identificándose dalgún modo con nós: canto máis o acollemos, máis somos. Tamén fago referencia a unha frase dun escritor romano, Plinio o Vello, que dixo: «Deus est mortali iuvare mortalem»: Deus é, Deus acontece, cando un mortal que axuda a outro mortal. Coincide co fío de ouro da Biblia, desde os profetas ata Xesús: o criterio definitivo do verdadeiro coñecemento de Deus está na preocupación polo orfo, polo estranxeiro e pola viúva, dicían os profetas; ten fe quen dá de comer ao famento, sentenciou Xesucristo tamén. O noso mal e noso sufrimento son a gran preocupación de Deus. El é o anti-mal, sempre connosco contra o mal. Deus non está na enfermidade: está no enfermo, animándoo, e nos que o coidan, chamándoos e apoiándoos. Non busca o noso sacrificio, senón a nosa felicidade para nós e para os demais. (…)”.
Santiago: conferencia de Xosé Ramón Barreiro sobre Murguía
O
luns 8 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural Novacaixagalicia (Rúa do Vilar, 19) de Santiago de Compostela, Xosé Ramón Barreiro falará sobre a figura de Murguía, de quen ven de publicar a súa biografía en Galaxia.
Pontevedra: presentación e proxección de Dúas Letras
O
xoves 4 de outubro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra, terá lugar a proxección da película e presentación do libro Dúas Letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey. A entrada será de balde até completar aforo.
Coñécense os finalistas da 9ª edición do Premio Literario Martín Sarmiento
Déronse a coñecer os finalistas da novena edición do Premio Literario Martín Sarmiento:
1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria:
– María Solar: Vou ter un irmán!!!, Galaxia.
– Pinto & Chinto: A maceira que daba calquera cousa menos mazás, Everest.
– Manuel Guisande: Rodribico e a noite, Baía.
2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria:
– Silvestre Gómez Xurxo: Ti non xogas!, Xerais.
– Antón Cortizas: Rosalía e os equinodermos, Tambre.
3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria:
– Anxo Fariña: A chave da Atlántida, Xerais.
– Abraham Carreiro: Xoeliki, Sotelo Blanco.
4ª categoría: 1º e 2º de ESO:
– Ledicia Costas e Pere Tobaruela: Mortos de ningures, Everest.
– Agustín Fernández Paz: Fantasmas de luz, Xerais.
5ª categoría: 3º e 4º de ESO e Bacharelato:
– Carlos Laredo Verdejo: Lena e o lobishome, Tambre.
– Xosé Henrique Rivadulla Corcón: O noso amor será eterno, Xerais.
6ª categoría: adultos:
– Manuel Rivas: Todo é silencio, Xerais.
– Antón Riveiro Coello: Laura no deserto, Galaxia.
Santiago: presentación de Alguén así é o Deus en quen eu creo, de Andrés Torres Queiruga
O
mércores 3 de outubro, ás 20:00 h., na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII, s/n.) de Santiago de Compostela, Andrés Torres Queiruga presenta o seu novo libro, Alguén así é o Deus en quen eu creo, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Víctor F. Freixanes, Xavier Martínez Cobas e Xan López Facal.
Gondomar: coloquio sobre Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello
O
martes 2 de outubro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, o clube de narrativa Sete vidas comeza o mes de outubro cunha sesión na que se falará da novela Laura no deserto, publicada en Galaxia, coa asistencia do seu autor, Antón Riveiro Coello.
Vigo: presentación de Da Máquina, de Alberto Lema
O
venres 28 de setembro, ás 20:00 horas, no Centro Socio-Cultural Bou Eva (Rúa Tercio de fóra, 11, baixo A) de Vigo, preséntase a novela Da Máquina, publicado en Galaxia. Xunto ao autor, interveñen Carlos Lema, Iago Castro e Francisco Sampedro.
A Coruña: coloquio con Francisco Castro sobre Chamádeme Simbad
O
xoves 20 de setembro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña (Rúa Durán Loriga, 10, baixo), dentro da conmemoración do Día Internacional de Alzheimer, terá lugar un coloquio con Francisco Castro arredor do seu libro Chamádeme Simbad.
