Desde a Deputación da Coruña:
“A novela Pronto hei de volver vén de alzarse como gañadora da XXXIV edición do Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña. A obra impúxose entre os 55 exemplares recibidos na modalidade de lingua galega, e, unha vez aberta a plica, o autor resultou ser Amador Castro Moure.
O xurado, que se reuniu esta no Pazo de Mariñán, estivo composto por Berta Dávila, Diego Giráldez, Montse Fajardo, Xina Vega e o gañador deste premio na edición 2021, Raúl M. Santos, e presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto. Como secretaria actou a xefa de Sección de Cultura, Manuela Muñiz, e tamén estivo presente a comisaria dos premios literarios da Deputación, Susana Pedreira, sen voz e sen voto.
Pronto hei de volver é, segundo salientou o xurado no seu informe “unha novela moi interesante desde o punto de vista discursivo” e que “aborda o tema da emigración desde un punto de visa novidoso”. Convén indicar que o autor, Amador Castro Moure, é un escritor galego nacido en Chantada pero afincado en Barcelona desde a nenez.
O xurado tamén anotou sobre esta obra que “destaca a elección da protagonista como unha identidade subalterna”, mentres que sobre o estilo salientou “a súa prosa precisa, luminosa no uso da imaxe e hábil no uso do rexistro oral”.”
Arquivos da etiqueta: Rexina Vega
Vigo: presentación de serendos obsolimos, de Pepe Cáccamo
Varsovia: XIII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, do 21 ao 24 de setembro de 2022
Mondoñedo: II Encontro Álvaro Cunqueiro, os 1 e 2 de xullo
Arxentina: Ciclo “Ler mulleres galegas”. Galegas nas letras: Helena Villar Janeiro e Rexina Vega
Vigo: presentación de Xoguetes para nenos cegos, de Luz Darriba
Pontevedra: encontro entre Rexina Vega e Pablo Martín Sánchez
Inma López Silva gaña o premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía
Desde Nós Diario:
“A escritora Inmaculada López Silva é gañadora da actual edición do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que convoca o Concello de Dodro. (…)
O xurado significa da obra de López Silva, Clepsidras, “a potencia das imaxes que van artellando un discurso arredor da xenealoxía feminina, ao patente reflexo das violencias cotiás, así como a exploración que fai da lingua e das formas do dicir”.
Ademais, a nivel formal consegue unha cadencia rítmica altamente suxestiva que coloca o texto nunha predisposición performativa”, continua o xurado do premio, composto por autoras como Rexina Rodríguez Vega, Silvia Penas Estévez, Oriana Méndez Fuentes e o poeta Francisco Valeiras González, xunto cos concelleiros de Servizos Sociais e Cultura do Concello de Dodro.
O certame coordinado pola poeta Elvira Ribeiro Tobío está dotado con 2.500 euros e supón ademais a publicación do poemario. Precisamente, o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón é un dos máis prestixiosos e lonxevos do país, estando próximo a cumprir 35 anos.”
Ponteareas: actos destacados na Feira do Libro 2021 para os 17 e 18 de xullo
O 18 de xullo finaliza a Feira do Libro de Ponteareas (na Praza Maior, con horario de 12:00 a 14:00 horas -o sábado 17 de xullo abre ás 11:00 horas-, e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 17
– 20:00 h. Luz Darriba presenta Abril, publicado por Belagua.
– 20:00 h. Hortensia Bautista e Aurora Quinteiro asinan Bambán de vento, publicada pola Fundación Edmaia.
– 21:00 h. Rexina Vega asina O estado intermedio, publicado por Galaxia.
Domingo 18
– 18:00 h. Paula Carballeira presenta Pan con chocolate, publicado por Xerais.
– 19:00 h. María Lado asina Gramo Stendhal, publicado por Apiario.
– 20:00 h. Manuel Gago presenta Nus, publicado por Xerais.
– 21:00 h. María Lado presenta Palabra de marzo, publicado polo Concello de Ponteareas.
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2021 para os 3 e 4 de xullo
O 4 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Rúa do Príncipe, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 3
– 12:00 h. Estefanía Padullés asina Leopoldo, o pequeno monstro, publicado por Hércules, e Un mundo para Maruxa, publicado por Belagua.
– 12:00 h. Óscar Senra Sete dias com Elisa, publicado por Através.
– 18:00 h. Paco Nogueiras e Marc Taeger asinan Extra!, publicado por Kalandraka.
– 19:00 h. Bea Gregores asina Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa, obra de María Canosa, da que é ilustradora, publicada por Bululú.
– 20:00 h. Rexina Vega asina O estado intermedio, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Carlos Méixome asina Catas na memoria, publicado por Laiovento.
Domingo 4
– 18:00 h. Victoria García (autora) e Laura Cortés (ilustradora) asinan As formiguiñas filandeiras, publicado por Hércules.
– 18:00 h. Xulia María Barros asina A árbore dos vagalumes, publicado por Belagua.
– 19:00 h. Antonio Tizón asina Os incurábeis, publicado por Xerais.
– 19:00 h. Raquel Miragaia asina Tempo Tardade, publicado por Através.
– 20:00 h. Manel Monteagudo asina De mariño a poeta, publicado por Medulia.