Antía Otero: “Vimos dun territorio devastado que miramos arder”

Entrevista de Ana Romaní a Antía Otero no Diario Cultural da Radio Galega:
“A escritora Antía Otero publica Barroco. O novo libro de poemas é froito da perda colectiva e do invisible, do aparentemente desintegrado. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Entrevista a María Solar na Radio Galega sobre A culpa

Entrevista a María Solar no Galicia por Diante da Radio Galega:
“María Solar irrompe cunha nova e trepidante historia, A culpa, premio Xerais de Novela. “Exploro nun sentimento que nos atrapa”. “Escribo como me peta: penso nos protagonistas, no público e en min mesma”. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Poesía e filosofía, nos premios Merlín e Jules Verne de Xerais

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“No Diario Cultural da Radio Galega conversaron con Anxo Iglesias, que nos presenta neste premio Merlín de literatura infantil un poemario para xogar coas palabras: “Celebro que o premio sexa para a poesía, moitas veces secundaria, pero que sempre está aí para acompañarnos e é a nova dimensión que permite que existan as demais”.
Pola súa banda, Rocío Leira achéganos ao mundo da filosofía con dous protagonistas que tratarán de resolver un misterio que aparece nos anuncios por palabras dun xornal. O seu foi o libro gañador do premio Jules Verne de literatura xuvenil: “No libro búscase persoa valente para resolver un misterio, e eu busco que o lectorado valente se abra á filosofía dunha maneira divertida”.
A entrevista pode escoitarse aquí.”

“Vacacións en Ribadeo”, Lois Pérez en Radiofusión

Entrevista a Lois Pérez en Radiofusión:
““Eu intento deixar a un lado a autocrítica, intento abandonarme á recreación, á experiencia e fundirme no recordo para mergullarte nesa época”. Ribadeo “marcoume moitísimo porque na infancia todo ten moito significado; cada obxecto, cada lugar, as persoas, os sentidos e a experiencia invádeno todo, inflúe de maneira transcendental.”
Nesta novela de aventuras, Pérez crea unha historia que mestura realidade e ficción. Escenarios reais e nomes de persoas que poboaron a súa infancia ao servizo da literatura. Empregando como símbolo un misterioso túnel, o pasadizo que se abre diante desta cuadrilla de rapaces. “Os nomes son verdade. Quique, Marina, Greta, Vanesa, Con algúns destes nenos e nenas reencontreime hai algunhas semanas, algúns había 30 anos que non os vía”. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Pontevedra: Culturgal 2022, do 24 ao 27 de novembro

“Unha historia que marca un camiño”

Desde Radio Fene:
““Vivo moito a poesía porque tiven a sorte de vivilo na rúa. A rúa no meu tempo era todo. Estábamos xogando seguido e tiñamos cantidade de xogos tradicionais metidos na cabeza e xogos literarios como cando chovía moito que nos metíamos nun portal e cantábamos romances” Ademais, recordou ter feito poemiñas de neno e a escaseza de publicacións poéticas. “Supoño que a xente na que non entra a poesía será tamén pola falta de insistencia. É moi difícil editar un libro de poesía”, explica Antón Cortizas, escritor de Os dez animais, unha historia “que marca un camiño” ilustrada por Lidia Nokonoko. A entrevista pode escoitarse aquí.”

“Un percorrido polos cen anos de edición moderna en Galicia”

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“A Asociación Galega de Editoras organiza o XIX Simposio O libro e a lectura, que este ano fai un percorrido pola historia da edición moderna en Galicia. Henrique Alvarellos, presidente da entidade, fálanos do evento, e Encarna Otero, dános un par de pinceladas máis acerca de figuras como Ánxel Casal ou María Miramontes. A entrevista pode escoitarse aquí.”