Arquivos da etiqueta: Manuel Rivas
Nace o ‘Club da Raíña Lupa’, un club de lectura sen complexos nin etiquetas
Desde a Deputación da Coruña:
“O último venres do mes de abril terá lugar a primeira sesión do ‘Club da Raíña Lupa’, un club de lectura sen etiquetas e sen complexos que nace ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña. Un club que parte da filosofía ‘non hai idade, hai literatura’, para estender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e xuvenil.
Esta iniciativa está coordinada pola gañadora da última edición do Premio Raíña Lupa, Andrea Maceiras, e terá lugar na Sala Sala César Antonio Molina da Biblioteca provincial da Coruña, ás 18h do último venres dos meses de abril, maio, setembro, outubro e novembro. O venres 29 de abril, será o escritor Antonio Manuel Fraga o encargado de inaugurar esta rede de encontros co público lector. De feito, esta mañá a coordinadora, Andrea Maceiras, e o autor Antonio Manuel Fraga visitaron a Biblioteca provincial na que terán lugar as sesións. Nos seguintes encontros participaran Érica Esmorís, Berta Dávila, Ledicia Costas, Manuel Rivas e a propia Andrea Maceiras.
Para participar no ‘Club da Raíña Lupa’ será necesario inscribirse previamente a través de correo electrónico. O prazo de inscrición para formar parte deste Club abrirase o luns 18 de abril, día no que se fará público o enderezo electrónico de inscrición. O número de prazas estará limitado a 20 persoas e poderá participar tanto o público máis novo como calquera persoa adulta -nais, pais, irmáns, docentes, bibliotecarias- que desexe compartir experiencia lectora cos máis novos e novas.
Calendario de lecturas e encontros:
• 29 de abril: Antonio Manuel Fraga con santoamaro
• 27 de maio: Érica Esmorís con Patio de luces
• 30 de setembro: Berta Dávila con Un elefante no cuarto de estar
• 28 de outubro: Ledicia Costas con O neno de lume e Manuel Rivas con A nena lectora
• 25 de novembro: Andrea Maceiras con Que se me pare o corazón se te esquezo“
Manuel Rivas – Polos Vieiros de Florencio – Letras Galegas 2022
A Coruña: recital de Manuel Rivas e Ida Vitale no Ciclo Poetas Di(n)versos, o 28 de marzo
O que fica fóra, de Manuel Rivas
A Coruña: presentación de O que fica fóra, de Manuel Rivas
Pontevedra: Culturgal 2021, do 26 ao 28 de novembro
A Coruña: presentación de A nena lectora, de Manuel Rivas
Allariz: VIII Festival Internacional de Poesía Poemagosto
Feira do Libro da Coruña 2021: actividades destacadas do 9 de agosto
O 9 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:30 h. Marta Dacosta asinará exemplares de Notas sobre a extinción, publicado por Galaxia, e do resto da súa obra.
– 18:30 h. Recital poético arredor do libro Manifesto 25N. Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller, publicado por Alvarellos. Participan Arancha Nogueira, Andrea Fernández Maneiro, Beatriz Maceda, Viki Rivadulla e outras autoras.
– 18:30 h. Presentación e sinatura de Don Carlos e o misterio dos lucecús, de Patricia Torrado Queiruga, publicado por Baía. Participa, xunto á autora, Belén López Vázquez.
– 19:30 h. Presentación e sinatura de Apelidos da Galiza, Portugal e Brasil, de Diego Bernal, publicado por Através. Participa, xunto ao autor, Alberto Pombo.
– 19:30 h. Héctor Carré asina exemplares de Medos, publicado por Xerais, e o resto da súa obra.
– 20:30 h. Presentación cruzada e sinatura de Zona a Defender, de Manuel Rivas, publicado por Xerais, e Miss Marte, de Manuel Jabois.