Ribadeo: Feira do Libro Letras no Campo 2019

Compostela: presentación de O exército de fume, de Manuel Gago

O xoves, quinta feira, 5 de xullo, na Librería Cronopios de Compostela (Rúa Alfredo Brañas, 24), preséntase a novela O exército de fume, de Manuel Gago, publicada por Edicións Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Lourenzo Fernández Prieto e Manuel Bragado. A presentación tamén inclúe unha sesión de narración oral que se mergulla nas historias da guerra civil e da resistencia antifranquista, con María da Pontragha, Soledad Felloza e Celso Fernández Sanmartín.

Compostela: presentación de Historia das historias de Galicia, edición de Isidro Dubert

OIsidro Dubert Historia das historias de Galicia martes, 26 de abril, ás 19:30 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), en Santiago, terá lugar a presentación do libro Historia das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert, publicado por Xerais. No acto participan, xunto ao editor, Lourenzo Fernández Prieto, Pegerto Saavedra, Manuel Gago e Manuel Bragado.

Santiago Lamas e Alfonso Mato gañan o Ramón Piñeiro de ensaio

Desde2015122116581264026 Sermos Galiza:
“A obra De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de Nós ao cabo do mundo, da que son autores Alfonso Mato e Santiago Lamas, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. A xuntanza do xurado realizouse o luns 21 de decembro, no Centro Ramón Piñeiro, en Santiago de Compostela.
O ensaio premiado nesta décimoquinta edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 3.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia durante o ano próximo, trata o tema da viaxe que en 1927 fixeron a Santo André de Teixido Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey. Na obra os autores desenvolven unha reflexión profunda e suxerente sobre a relación entre camiño e literatura, movemento e lectura. O texto dialoga desde a actualidade cunha Galicia europea de inicios do século XX, mediante un estilo aberto e rico que, de xeito ameno, nos interroga sobre os grandes desafíos da Galicia de hoxe. (…)
O xurado, que concedeu o premio por unanimidade, estivo formado por Luís Alonso Girgado, Lourenzo Fernández Prieto, María López Sández, Dolores Vilavedra e Carlos Lema, como secretario con voz e voto, e salientou a calidade dos catro orixinais presentados, así como a variedade de temas tratados neles.”