Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2024

ROSALÍA: O AMOR DA PATRIA GALEGA

Follas novas era castigada vilmente.

Por xiadas, por calores,
desde que amañece o día
dou á terra os meus sudores
mais canto esta terra cría,
todo… todo é dos señores.

O que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as innumerables coitas das nosas mulleres (…). No campo compartindo mitade por mitade cos seus homes as rudas faenas, na casa soportando valerosamente as ansias da maternidade, os traballos domésticos e as arideces da probeza. Soias o máis do tempo, tendo que traballar de sol a sol, e sin axuda pra mal manterse (…).

Solo a virxe é máis hermosa
que eres ti, bendita santa,
i o teu rostro pelegrino,
o temido demo espanta.

De ti, vivo namorada,
en ti penso con fervore.
Que eu ben sei que che contenta
este puro e santo amore.

Quen poidera…! Quen poidera…!
Xunta ti vivir segura,
manantial que mel derrama
pura fonte de ternura!

Probe Galicia, non debes
chamarte nunca española,
que España de ti se olvida
cando eres, ai!, tan hermosa.

…que es el silencio hermano de la muerte
y yo no quiero que mi patria muera,
sino que como Lázaro, ¡Dios bueno!,
resucite a la vida que ha perdido,
y con voz alta que a la gloria llegue,
le diga al mundo que Galicia existe.

Carlos Callón
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#_rdc2024 #oamordapatriagalega

O Manifesto pode descargarse en formato .pdf aquí.

Día de Rosalía de Castro 2024

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.

Para o 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

Nesta edición de 2024 Carlos Callón foi a persoa encargada da redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas de concellos, asociacións e centros de ensino.

O lema escollido para este 2024 foi: #oamordapatriagalega

O cartel pode ser descargado en formato pdf aquí, e en png aquí.

Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2024

ROSALÍA: O AMOR DA PATRIA GALEGA

Hai século e medio, unha moza con pouco máis de vinte anos mudou a Historia. Iso de mudar a Historia non é cousa que aconteza todos os días. Ela era consciente de que os seus libros abrían camiños, que con eles “levantaba unha bandeira” da que non ía desertar. De feito, este recanto do mundo chamado Galiza non é o mesmo após Rosalía de Castro. Hai un antes e un despois.

As palabras que lanzou abriron moitos ollos e calmaron moitas sedes. Non é difícil decatarse da sequidade nos beizos desa cultura silenciada por xeracións e xeracións, mesmo con violencia. Na escola —nunca o esquezamos—, a rapazada que usaba a lingua de Follas novas era castigada vilmente.

As palabras de Rosalía dábanlle dignidade e sentido á fala do pobo galego e ás súas vidas sen nome. As traballadoras e os traballadores conseguían un espello para pensar e un altofalante para denunciar os abusos que padecían:

Por xiadas, por calores,
desde que amañece o día
dou á terra os meus sudores
mais canto esta terra cría,
todo… todo é dos señores.

As mulleres, condenadas desde o berce a unha cadea perpetua de explotación e mudez, gañaban o dereito á palabra:

O que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as innumerables coitas das nosas mulleres (…). No campo compartindo mitade por mitade cos seus homes as rudas faenas, na casa soportando valerosamente as ansias da maternidade, os traballos domésticos e as arideces da probeza. Soias o máis do tempo, tendo que traballar de sol a sol, e sin axuda pra mal manterse (…).

Diversas formas de amar e de vivir a sexualidade (o que hoxe chamamos LGBTQ) sobardaban as censuras:

Solo a virxe é máis hermosa
que eres ti, bendita santa,
i o teu rostro pelegrino,
o temido demo espanta.

De ti, vivo namorada,
en ti penso con fervore.
Que eu ben sei que che contenta
este puro e santo amore.

Quen poidera…! Quen poidera…!
Xunta ti vivir segura,
manantial que mel derrama
pura fonte de ternura!

E Galiza, a quen ela, a pesar de tantos ataques, sempre defendeu con perseveranza como a súa “patria”, forxaba as chaves para soñar un mañá diferente:

Probe Galicia, non debes
chamarte nunca española,
que España de ti se olvida
cando eres, ai!, tan hermosa.

“O amor da patria me afoga”, escribiu na obra con que inaugurou a literatura galega contemporánea. O seu inmenso segundo libro no noso idioma vai dedicado ás persoas que se organizaban “volvendo para a súa patria os ollos e o corazón”. A patria galega, sempre a patria galega no centro dos seus desacougos, tamén na súa obra en castelán:

…que es el silencio hermano de la muerte
y yo no quiero que mi patria muera,
sino que como Lázaro, ¡Dios bueno!,
resucite a la vida que ha perdido,
y con voz alta que a la gloria llegue,
le diga al mundo que Galicia existe.

Ese amor que ela aqueceu e proxectou é un alento que aínda hoxe mapea horizontes, abre porvires e renace día a día en cada persoa que levanta a cabeza para que Galiza exista, nun mundo mellor, diverso e igualitario. Un mundo, en fin, máis rosaliano.

                                                                                               Carlos Callón
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#_rdc2024 #oamordapatriagalega

O Manifesto pode descargarse en formato .pdf aquí.

Actos promovidos pola AELG

Acto central. Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), Santiago de Compostela

O acto central do Dí­a de Rosalía de Castro tivo lugar o sábado 24 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela.

Este é foi o programa definitivo:

Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.

Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.

Lectura do Manifesto da AELG neste 2024, Carlos Callón

Lectura de poemas rosalianos

– Francisco Tobar Cereijo (A. C. Solfa)

– Celsa Astray (Asociación do Traxe Galego)

Henrique Alvarellos (Asociación Galega de Editoras)

– Patricia Porto Paderne (Federación de Librarías de Galicia)

– Luís Pérez (Alcaldía de Ribeira)

– María Lago Lestón (Alcaldía de Muros)

Suso de Toro (escritor)

– Mohamed Safa (autor palestino)

Paula Carballeira (escritora)

Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.

Ofrenda floral

Interpretación do himno

A Coruña

En colaboración coa A. C. Alexandre Bóveda, o 23 de febreiro, ás 17:00 horas, diante do Teatro Rosalía, tivo lugar a lectura do Manifesto da AELG, elaborado por Carlos Callón, e unha posterior lectura pública da obra de Rosalía. A parte musical correu a cargo de Xosé Manuel Sánchez Rei.

Lugo

O 23 de febreiro, ás 12:00 horas, no Auditorio do Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n.), decorreu a conmemoración do Día de Rosalía de Castro en Lugo, organizado pola AELG, coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

O acto consistiu na lectura do Manifesto da AELG elaborado neste 2024 por Carlos Callón e a lectura pública de poemas de Rosalía.

Vigo

O 23 de febreiro, ás 17:00 horas, decorreu a conmemoración do Día de Rosalía de Castro en Vigo, coorganizado entre a AELG e a Asociación Cultural O Castro de acordo co seguinte programa:
– Hora de inicio: 17:00 h.
– Lugar: Imprenta de Juan Compañel e Centro Social A Revolta (Rúa Real nº 12, Vigo).
– Desenvolvemento: colocación dunha ofrenda floral na imprenta Juan Compañel e lectura do manifesto e de poemas de Rosalía no local social da Revolta.

Actos organizados por outras entidades

Actos da Fundación Rosalía (Padrón e Compostela)

Toda a información aquí.

Fundación Xistral

A Mesa pola Normalización Lingüística

Betanzos

Boiro

O Carballiño

Finalmente tivo lugar no Centro Sociocomunitario do Carballiño, na rúa Julio Rodríguez Soto, ás 18:30 horas.

Carnota

Sargadelos (Cervo)

Cospeito (San Martiño de Pino)

Lugo

Madrid

A Revista de Poesía Galega en Madrid, OLGA, e o grupo Bilbao, seguindo a iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, convocou un acto de homenaxe a Rosalía de Castro, como é habitual desde o ano 2013, diante do seu primeiro domicilio madrileño, rúa de la Ballesta 13. O acto estivo coordinado por Vicente Araguas e Manuel Pereira Valcárcel, e ao mesmo adheríronse a Asociación de Mulleres no Exterior Rosalía de Castro e representantes da organización Galiza Nova. Neste encontro recordouse a vida en Madrid de Rosalía, léronse poemas seus, así como o Manifesto da AELG. Despois o grupo despediuse cunha foto colectiva diante da igrexa de San Ildefonso, na que casaron Rosalía de Castro e Manuel Murguía o 10 de outubro de 1858.

Fotos feitas por Manuel Pereira Valcárcel e Chus Rico.

Moaña

Narón

Outeiro de Rei

Padrón

Pontevedra

Pontevedra celebrou o Día de Rosalía de Castro lendo a súa obra de xeito colectivo. Desde a área de Normalización Lingüística e en colaboración coa AELG, realizarase un acto no local social do Gorgullón, conducido pola poeta Miriam Ferradáns e ambientado polo colectivo artístico O Fruto e a serpe

Ribadeo

Santiago de Compostela

A actividade completa pode verse aquí.

Soutomaior

Vilalba

Actividades nos centros de ensino

– CEIP San Clemente de Cesar (Caldas de Reis). Poden verse as actividades levadas a cabo na web do centro.

– CEIP de Corvillón (Cambados).

– CEIPP Os Casais (Maniños-Fene. Poden verse as actividades realizadas no blog do centro.

– CEIP Cruceiro de Canido (Ferrol). Aquí poden verse as actividades feitas no centro.

– CEIP de Casás (Lugo). Nas redes sociais do centro poden verse as actividades levadas a cabo.

– CEIP Sequelo (Marín). Poden verse as actividades realizadas na web do centro.

– CEIP Plurilingüe Virxe do Mar (Narón).

– CEIP Virxe da Covadonga (Ourense). Esta foi a actividade levada a cabo no centro.

– CEIP de Cedeira (Redondela). Nas redes sociais do centro poden verse as actividades realizadas.

– CEIP de Frións (Ribeira). Pode verse a actividade aquí.

– CEIP Carlos Casares (Alxén, Salvaterra do Miño). Poden verse as actividades levada a cabo na web do centro.

– CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda).

– CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Sober). Poden verse as actividades levadas a cabo no blog do centro.

– CEIP Barrantes (Tomiño).

– CEIP Pintor Laxeiro (Vigo). Este curso os nenos e as nenas plasmaron os seus soños en debuxos e adicáronllos a Rosalía  nunha actividade titulada “24 sonos para Rosalía”. Ademais, fixeron un rego simbólico da roseira plantada no horto en homenaxe á insigne escritora. Nas clases recitáronse poemas, confeccionáronse tarxetas conmemorativas e realizáronse representacións plásticas sobre a vida e obra da autora. O resumo dos traballos pódese ver nesta ligazón.

– CEIP Virxe do Rocío (Coia, Vigo). Poden verse aquí as actividades realizadas.

– CPI da Cañiza. En secundaria fixeron uns marcapáxinas coa máquina de láser e en infantil e primaria traballaron varios poemas cos que se fixeron debuxos e logo unha colaxe.

– CPI Ponte Carreira (Frades).

– CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios (Panxón-Nigrán). O venres 23 de febreiro todo o alumnado levou unha chapa coa imaxe de Rosalía de Castro e plantou pensamentos no horto ecolóxico en honor á escritora homenaxeada, xa que era a súa flor preferida. Despois da lectura do Manifesto da AELG todo o alumnado viu un vídeo sobre a autora e logo recitou algúns dos poemas máis coñecidos dela. Para finalizar o grupo de frautas do colexio interpretou o Negra sombra. Ademais, nesa semana todo o alumnado fixo nas aulas as actividades propostas pola AELG.

– CPI Fonte-Díaz (Touro). Poden verse as actividades realizadas aquí.

– CPI Viaño Pequeno (Trazo). As actividades feitas neste centro poden verse no seu blog.

– CPI do Toural (Vilaboa). Realizáronse videopoemas a partir de tres textos de Rosalía de Castro, así como caligramas para Rosalía, onde o alumnado debuxou varios poemas da autora a través da palabra e das artes plásticas. Pode verse unha mostra aquí.

– CPR A Merced (Sarria). Pode verse a actividade feita aquí.

– Colexio Maristas (Lugo). Esta foi a actividade desenvolta.

– Colexio La Inmaculada (Marín). Así se desenvolveron as actividades neste centro.

– Colexio Jaime Balmes (Noia). Poden verse as actividades feitas por este centro aquí.

– Colexio Plurilingüe Abrente (Pontevedra). Poden verse as actividades organizadas neste centro aquí.

– EEI San Roque (Viveiro). Aquí poden consultarse as actividades levadas a cabo.

– IES Lamas de Castelo (Carnota). Fíxose un recital poético, xa anunciado na web do centro.

– IES Fin do Camiño (Fisterra).

– IES Auga da Laxe (Gondomar). Poden verse as actividades na web do centro. “O 23 de febreiro o IES Auga da Laxe celebrou de 11:20h a 12:00h un acto no que se incluíron diferentes propostas desenvolvidas polo noso alumnado da ESO: lectura do manifesto da AELG, de Carlos Callón, baixo o lema “Rosalía: o amor da patria galega”; lectura de varios poemas de Rosalía; interpretación do poema “Adiós ríos, adiós fontes”; teatralización do poema “Xan” e reparto de poemas de Rosalía. O acto, que contou coa colaboración do Concello de Gondomar, enmarcouse dentro das actividades promovidas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), con motivo do Día de Rosalía 2024, baixo o lema #oamordapatriagalega. Ademais, durante esa semana o alumnado dos distintos niveis educativos achegouse á Praza Rosalía de Castro para realizar unha ficha de traballo elaborada polo departamento de Lingua Galega e Literatura, na que se incluíron actividades didácticas que lle permitiron ao alumnado facer un achegamento á obra de Rosalía a través dos versos e referentes que se poden atopar na praza. Por último, o día 23 o patio central do instituto acolleu un espazo cunha mostra de obras de Rosalía que se poden atopar na biblioteca do centro e unha cesta con copias de poemas de Rosalía que se puideron coller e levar.”

– IES Ánxel Fole (Lugo). As actividades levadas a cabo poden verse no blog do centro.

– IES Fontexería (Muros). Poden verse as actividades na páxina web do centro. “Desde o EDLG xa “personalizamos” o cartel cos nosos logos, e o cancelo #oamordapatriagalega espertou a lectura de versos e do manifesto.  Colaborouse coa exposición de obras plásticas que creou o alumnado de EPVA: O alumnado de 3º ESO fixo un debuxo de Rosalía, e o de 1º da ESO acompañou versos cuns pequenos “libriños”  a modo “pop up”. O Departamento de Galego colocou na entrada un posto con versos (escritos polo alumnado) e flores que se repartiron entre a comunidade educativa. Tamén o Departamento promoveu entrevistas polas rúas do concello sobre os coñecementos que hai ao redor da figura de Rosalía e o seu Día. O EDLG participou na montaxe e proxección desas entrevistas previamente gravadas.”

– IES Xunqueira II (Pontevedra). Nas redes sociais do centro poden verse as actividades realizadas.

– IES O Porriño.

– IES Basanta Silva (Vilalba). Aquí poden verse as actividades realizadas neste centro.

– CIFP Paseo das Pontes (A Coruña). Estas foron as actividades arredor do Día de Rosalía no centro.

– CIFP Portovello (Ourense). Aquí poden verse as actividades levadas a cabo.

Propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino

O lema é: #oamordapatriagalega

Esta é a proposta que enviamos para 2024, mais en todo caso, está sempre aberta a que poidades complementala desde as perspectivas que sexan da vosa consideración.

Educación Infantil e Primeiro ciclo de Educación Primaria

Le este versos de Rosalía na clase e elabora un debuxo co que che inspiren:

Que feira, rapaza,
si cantas faremos…!
Festiña por fóra,
festiña por dentro. (…)

Así mo pediron
na beira do mar,
ao pé das ondiñas
que veñen e van.

Así mo pediron
na beira do río
que corre antre as herbas
do campo frorido.

Cantaban os grilos,
os galos cantaban,
o vento antre as follas
runxindo pasaba.

Campaban os prados,
manaban as fontes
antre herbas e viñas,
figueiras e robres.

Elaborade unha colaxe cos debuxos.

Segundo e Terceiro ciclo de Educación Primaria

Le o poema “Adiós ríos, adiós fontes”, que é a despedida dun home que ten que deixar o lugar onde naceu para procurar traballo lonxe. A persoa que se expresa neses versos é consciente de que probabelmente non poida voltar nunca ao seu país e que vai ter difícil comunicarse de novo cos seus seres queridos: é unha despedida para sempre. Rosalía quixo, a través de poemas coma ese, que se falase de problemas que afectaba a moitas galegas e moitos galegos sen poder e sen diñeiro.

– Le o poema como se foses unha actriz / un actor, dándolle a emoción que hai detrás desas palabras.

– Repara na estrutura do poema: son versos de 8 sílabas; a maioría das estrofas son de 4 versos e teñen rima asonante só os versos pares. Tenta facer un poema con esa mesma estrutura, para falar dun problema actual de Galiza, como faría Rosalía se vivise en 2024.

– Atrévete a aprender o poema! Vaste sorprender co fácil que é memorizar estes versos se lles dedicas un tempiño. A escritora elaborou este texto cun ritmo e unha musicalidade que axudan moito á aprendizaxe..

Educación Secundaria e Bacharelato

– Procura na rede a que libros de Rosalía de Castro pertencen cada un dos textos citados no manifesto “Rosalía: o amor da patria galega”.

– Hai un deses textos que non puido publicarse no libro correspondente, porque o prohibiu a censura. Cal foi? Por que motivo achas que aconteceu iso?

– Selecciona un dos textos de Rosalía que se citan no manifesto e elabora unha interpretación visual a través dos recursos que che ofrece o TikTok. Desenvolve a túa creatividade! Podes usar moitas ferramentas de edición de audio e vídeo para adaptar as obras de Rosalía desde o século XIX ao XXI. Non esquezas etiquetar #_rdc2024 #oamordapatriagalega #DíadeRosalía

– Rosalía tentou darlle voz na súa obra a temas que, a pesar de que afectaban as maiorías sociais, non tiñan protagonismo nos debates públicos. Pensa en que temas repararía Rosalía de Castro se vivise en 2024. Ponte na súa pel e elabora un poema para falar dun deses asuntos dos nosos días.

A documentación gráfica xerada por estas actividades foi compartida nas correspondentes redes ou medios de difusión do centro educativo, arredor do 23 de febreiro, ou ese mesmo día, coa etiqueta #oamordapatriagalega e #_rdc2024. A AELG comprométese a colaborar na difusión da mesma a través da súa web e redes sociais, para o que agradecemos se envíe noticia das actividades ao correo oficina@aelg.org. A este mesmo correo podedes comunicarnos a vosa intención de participar nesta iniciativa ou noutras coas que o voso centro celebre o Día de Rosalía 2024, para a irmos facendo constar na nosa web: https://www.aelg.gal/actividades/dia-de-rosalia-de-castro/2024/2/23/dia-de-rosalia-de-castro-2024

Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

#_rdc2024  #oamordapatriagalega. O Día de Rosalía de Castro nas redes sociais

– Twitter

– Facebook

Instagram

Proposta da AELG para levar unha moción aos plenos dos Concellos para declararen o 23 de febreiro como Día de Rosalía de Castro

A AELG vén impulsando desde 2011 esta iniciativa. Xa aprobaron a moción os seguintes concellos:

A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Pobra do Brollón, A Rúa de Valdeorras, Allariz, Ames, Arteixo, Baiona, Barreiros, Bergondo, Betanzos, Bueu, Burela, Cambados, Cambre, Carballo, Carnota, Cedeira, Cee, Cerceda, Chantada, Entrimo, Fisterra, Foz, Lalín, Lobeira, Melide, Miño, Muros, Narón, O Rosal, Ourense, Padrón, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Tomiño, Tui, Valdoviño, Vigo, Vilasantar e Xermade. Sumáronse tamén as Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra.

A AELG continuou a facer chegar aos plenos unha moción neste sentido solicitándolles que recollan esta celebración nas súas programacións culturais.

Compostela: acto central do Día de Rosalía de Castro 2024

O acto central do Día de Rosalía de Castro terá lugar o sábado 24 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela.

Este é o programa previsto:

Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.

Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias

Lectura do Manifesto da AELG, por Carlos Callón

Lectura de poemas rosalianos
– Francisco Tobar Cereijo (A. C. Solfa)
– Celsa Astray (Asociación do Traxe Galego)
Henrique Alvarellos (Asociación Galega de Editoras)
– Patricia Porto Paderne (Federación de Librarías de Galicia)
– Luís Pérez (Alcaldía de Ribeira)
– María Lago Lestón (Alcaldía de Muros)
Suso de Toro (escritor)
Paula Carballeira (escritora)
Beatriz Maceda Abeleira (AELG)

Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.

Ofrenda floral

Interpretación do himno

A Coruña: Día de Rosalía de Castro 2024


O 23 de febreiro, ás 17:00 horas, decorrerá a conmemoración do Día de Rosalía de Castro na Coruña, coorganizado entre a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a A. C. Alexandre Bóveda, diante do Teatro Rosalía.
Terá lugar a lectura do Manifesto da AELG, elaborado por Carlos Callón, por Beatriz Maceda Abeleira, e unha posterior lectura pública da obra de Rosalía. A parte musical correrá a cargo de Xosé Manuel Sánchez Rei.

Lugo: Día de Rosalía de Castro 2024


O 23 de febreiro, ás 12:00 horas, no Auditorio do Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n.), decorrerá a conmemoración do Día de Rosalía de Castro en Lugo, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
O acto consistirá na lectura do Manifesto da AELG elaborado neste 2024 por Carlos Callón e a lectura pública de poemas de Rosalía.

Os Premios Barbantia da Cultura recoñecen Carlos Callón, Xosé Luís Veiras Manteiga e o Centro Arqueolóxico do Barbanza

Desde Nós Diario:
“A Asociación Cultural Barbantia fixo públicos sábado os nomes das persoas e entidades que serán recoñecidos cos Premios Barbantia, que alcanzan a súa décimo sétima edición.
Nesta ocasión, a entidade outorgará Carlos Callón o Premio Barbantia da Cultura Galega, mentres que Xosé Luís Veiras Manteiga recibirá o Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza.
Con respecto ao Premio Barbantia á Iniciativa Cultural no Barbanza, este recaerá no Centro Arqueolóxico do Barbanza.
Os gañadores recibirán as súas distincións nunha gala que se desenvolverá na Casa da Cultura do Concello de Lousame o próximo sábado, 16 de decembro, a partir das 12.30 horas da tarde.
Ese mesmo día tamén se presentará o décimo noveno volume do Anuario de Estudos do Barbanza que edita Barbantia.
Todos estes actos poderán seguirse, como é habitual, a través da canle oficial de Youtube da Asociación Cultural Barbantia.
Ademais, tamén se levará a cabo a tradicional comida no restaurante Trapeiro de Lousame, para a cal, lembran desde a A. C. Barbantia, é preciso realizar a inscrición previa antes do 15 de decembro a través do correo electrónico da asociación.”